Controlado o incendio que calcinou a empresa J.J. Chicolino

    incendiochicolinodiadespois_100_25092009.jpgBOIRO> Tras máis de vinte horas de traballo dos servizos de emerxencias, o lume, esta extinguido na súa totalidade

    Tras un noite de intenso traballo dos servizos de emerxencias, esta mañá, o lume, xa controlado, aínda non fora extinguido na súa totalidade. Dous helipcóteros retomaron a primeira hora, os labores para apagar pequenos focos no interior da nave e arrefriar a zona.

    {flowplayer}barbanza/incendiochicolinodiadespois.flv{/flowplayer}

    Paralelamente aos helicópteros, no lugar do sinistro continúan traballando durante todo o día varios efectivos do parque de bombeiros de Boiro e Ribeira así como membros das agrupacións de Protección Civil e Grumir das mesmas localidade.

    A autovía da Barbanza quedou aberta ao tráfico a e pódese circular con normalidade por ela, o mesmo que pola comarcal AC 305. A media mañá empregados da factoría retiraban do interior das instalacións material, efectos persoais e a documentación que conseguiron salvar das lapas.

    Asemade, responsables da empresa de seguros achegáronse ata a factoría para comezar a evaluar os danos causados polo lume, que estímanse serán moi cuantiosos. Tamén foron numerosos os curiosos que se achegaron ata o lugar do sinistro, impresionados aínda polo vivido no día de onte.

    Nube non tóxica

    Ademáis a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería Medio Ambiente enviou varios técnicos para efectuar un Control de Seguimento Atmosférico, co fin de regular os niveis de posible contaminación procedentes da nube de fume do incendio. Segundo informaron dende a Consellería, ata o momento, tos os parámetros están por debaixo do vinte por cento dos valores de alerta.

    Redacción Barbanza