Moitas novidades na VIII Carreira Popular da Pobra

    POBRA> Este martes tiña lugar o acto de presentación da oitava edición da carreira popular da Pobra. A organización da proba, que terá lugar o domingo 28 de agosto, agarda poder achegarse este ano ós mil participantes, sumando tódalas categorías. Varias serán as novidades desta oitava edición da carreira popular da Pobra-II Memorial Jesús Huerta que terá lugar o 28 deste mes de agosto. Unha delas é que estará incluída no circuíto popular de carreiras populares da Deputación da Coruña e tamén no primeiro circuíto Arousa Norte. Entidade que decidiu apostar por este tipo de probas como reclamo turístico para esta comarca. A proba estará aberta a tódalas categorías, polo que dende a organización agardan poder achegarse ós mil participantes, un número maior ó de edicións anteriores. A data límite para realizar as inscrición na carreira será o próximo 25 de agosto, podéndose realizar a través da propia páxina web de Arousa Norte ou a través de Emesports.