Rianxo suma o triatlón ó seu calendario deportivo

    RIANXO> Rianxo súmase ó calendario galego de Triatlón coa proba que terá lugar este sábado. Trátase do primeiro triatlón popular concello de Rianxo que contará con máis dun cento de participantes. Sairán ás cinco da tarde dende o porto rianxeiro. O auxe desta modalidade deportiva en toda Galicia levou a Rianxo a organizar o primeiro Tritalón popular concello de Rianxo. O primeiro de moitos posto que a intención do concello é darlle continuidade á proba e potenciar a escola municipal deste deporte. O número de inscritos non está nada mal, sobre todo tratándose da primeira proba no concello rianxeiro. Máis de cento trinta deportistas tomarán parte na competición que conta co respaldo da Federación Galega de Triatlón. Dende a organización animan ós rianxeiros a achegarse ata as inmediacións do porto para seguir a proba pola vistosidade do circuíto.