Boiro dispón dun servizo de impresión de tarefas escolares

BOIRO> Os colexios son os encargados de enviar ó Concello o material que deben imprimir e os datos do alumno. Unha vez realizado todo o material é entregado por voluntarios de Protección Civil nos domicilios.

Vendo as necesidades de moitas familias durante este confinamento, que non dispoñen nos seus fogares de impresoras ou mesmo de ordenadores e internet, o Concello decidiu poñer á súa disposición este servizo de impresion. O que se pretende é que os rapaces non queden atrás nas súas tarefas escolares e poidan seguir avanzando na materia que a diario lle envían dende os colexios.

Ademais estase a colaborar tamén no reparto dos libros que quedaron nos centros educativos a consecuencia do remate forzado das clases.

E unha vez recibido os encargos, que se fan a través das propias direccións dos colexios, no Concello póñense mans a obra a imprimir tódalas tarefas. E unha vez realizadas, grazas a colaboración de voluntarios de Protección Civil, comeza o reparto. Todo o material élle entregado ás familias nos seus propios domicilios

 

–inserto

 

Polo de agora non son moitas as familias que botaron man desta iniciativa, pero dende o Concello confían en que cada vez vaian a máis…