![]()
SANTIAGO> Pretende lograr un mellor aproveitamento dos inmobles de titularidade autonómica. Aforrarase catro millóns de euros nesta lexislatura.
{flowplayer}images/salnes/ConselloXunta_210313.flv{/flowplayer}
A Xunta de Galicia aforrará nesta lexislatura máis de catro millóns de euros coa posta en marcha do segundo plan de racionalización do gasto de patrimonio inmobiliario. Así se recolle nun informe presentado ao Consello da Xunta pola titular de Facenda, Elena Muñoz, e do que deu conta o presidente Núñez Feijoo xunto con outras medidas de aforro que aplicará nesta lexislatura a administración autonómica.
Este segundo Plan pretende lograr un mellor aproveitamento dos inmobles de titularidade autonómica. Nunha primeira fase, esta actuación centrarase na área de Santiago e permitirá situar nunhas mesmas dependencias departamentos da administración autonómica relacionados entre si. Posteriormente, o executivo galego estenderá o plan aos servizos periféricos no resto de áreas de Galicia.
Ademais Núñez Feijoo referiuse ás 67 medidas que a Xunta lanzará para intentar conter a hemorraxia demográfica de Galicia. Un proxecto que suporá un desembolso por parte da Xunta de 90 millóns de euros para o exercicio 2013-2016 e que será remitido ó Parlamento para a súa aprobación.
O Consello da Xunta tamén decidíu poñer en marcha o segundo plan de racionalización de edificios alugados pola Xunta onde se ubican oficinas da administración e que dá continuade ó levado a cabo na pasada lexislatura que permitiu aforrar dous millóns de euros anuais con respecto ó cuatrienio anterior.
Redacción Salnés






