O Concello aproba o proxecto da Praza do Souto de Rubiáns

    praza_souto100_280909.jpgVILAGARCÍA> A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía aprobou o proxecto de acondicionamento da Praza do Souto, en Rubiáns.

    {flowplayer}images/salnes/praza_souto_rubians.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía aprobou o proxecto de acondicionamento da Praza do Souto, en Rubiáns.

    A idea fundamental do proxecto é a recuperación do antigo souto, hoxe unha alameda de plátanos, repoboando os espazos baleiros con castiñeiros do país ou carballos. Esta superficie arborada estenderase por todo o fronte da fachada principal do centro sociocultural, onde está prevista a colocación de mesas e bancos de pedra.

    Diante desta zona, pero orientado a un lateral, construirase a praciña pública. Para elo eliminarase o actual palco da música e habilitarase unha explanada para realizar actos ó aire libre. Esta praza irá flanqueada por bancos de madeira, papeleiras e báculos para iluminar a zona.

    A praza, e tamén un lateral da alameda lindan coa Rúa da Bouza, vía que, por forza, manterá o tráfico rodado que conduce a Zamar. Non obstante, co obxectivo de dar unha maior protección ós peóns sobre o tráfico e de separar axeitadamente a zona peoníl da estrada, interporase entre ámbalas dúas zonas un bordo de remate, a modo de beirarrúa.

    O proxecto ten un investimento duns 150 mil euros que serán financiados a través do Plan Provincial de Cooperación. O Concello iniciará de inmediato os trámites para sacar a licitación e contratar a obra que ten un prazo de execución de seis meses.

    Redacción Salnés