A Ruta do Viño estrea imaxe online

PONTEVEDRA> A Ruta do Viño estrea imaxe online. A asociación presentou a súa nova páxina web, un portal máis accesible e con máis servizos para o posible visitante. Ademais dun deseño renovado, a principal novidade é a incorporación dunha ferramenta que permite ao usuario deseñar o seu propio percorrido para visitar a ruta.

 

Máis deseño e máis interactividade. Esta é a aposta da Ruta do Viño Rías Baixas, que ven de estrear imaxe en internet.

É esta ferramenta unha das principais novidades. Entrando na web www.rutadelvinoriasbaixas.com, o usuario poderá escoller os establecementos asociados para deseñar unha ruta á súa medida.

Todos os socios aparecen coas súas xeolocalizacións a través da aplicación de Google Maps. Unha vez elaborado o percorrido, poderase descargar en calquera dispositivo ou envialo por email.

O espazo de Blog recollerá novas e actividades, ademais de artículos con recomendacións para os amantes do enoturismo. Pola súa banda, a sección Axenda amosará os distintos eventos e actividades que organiza a Ruta do Viño. A nova web mantén a sección onde o usuario pode informarse sobre os distintos socios.

A web xa está dispoñible e accesible dende calquera dispositivo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/ptac_web_ruta_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/ptac_web_ruta_vino.mp4{/flowplayer}