“Mañá”, o himno da recuperación da cidade de Pontevedra

PONTEVEDRA> Xa está dispoñible o tema “Mañá”. Unha canción impulsada pola concellería de Xuventude de Pontevedra e que contou coa colaboración de diferentes artistas da Boa Vila. Entre eles, Mariña Paz e Thomas Argibay Walker, que foron os encargados da composición. “Mañá” busca converterse no “himno de recuperación da cidade”.

LETRA:

A alarma resoa na boca do artista,
dun mundo que torna a unha forma distinta
agorafobia, fobia social, medo a sentir, até a respirar
Un vello amigo, un grito de pánico,
que frea xusto no bordo do abismo.
Escoitas a voz? Escoitas o aviso?
Contempla o espertar do xigante durmido.

Basta, detente, escóitalo agora?
A Terra colapsa, os mares desbordan
Os nenos non corren, pecharon a escola
A incerteza asoma e afoga.

As rúas baleiras, desinformación,
as trolas circulan pero os coches non
Humanos fechados igual que nun zoo
Na ría golfiños  e ata tiburóns.

Unha realidade que tardaba en chegar
agora é o momento de parar e pensar

Quero volver atrás
Quero espertar
O mundo berra
Xa non o escoitas? (x2)
As horas pasan
Vou afogar
Pero vexo o final se nos vemos mañá
Máis máis cerca
Somos libres xa

A liberdade marchou de penalti
Como o alcol do meu vaso
Volveremos brillar
Calma, origami
Hai que ir paso a paso
iremos ós bares, ás prazas, ás praias, daremos bicos e abrazos
Tan só confía que desta sairemos un pouquiño menos malos.

Un ruído que asoma a un novo balcón,
o son dos aplausos da revolución
paciencia, esperanza, camiña, avanza
Escoita o concerto do teu corazón.

Isto é un novo espertar un reset desta sociedade
non ter medo de abrazar e ter outra oportunidade,
volveremos con forza a vivir, a respirar.
Volveremos a ser, a sentir e a abrazar.

Quero volver atrás
Quero espertar
O mundo berra
Xa non o escoitas? (x2)
As horas pasan
Vou afogar
Pero vexo o final se nos vemos mañá
Máis máis cerca
Somos libres xa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí