O PP reclama a ENCE que retome o seu Plan Social e o reparto de axudas a entidades

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra reclama a ENCE que recupere o seu Plan Social, unha iniciativa acordada coa Xunta de Galicia pola que a pasteira repartía axudas anuais a diferentes entidades da cidade e da contorna. As achegas sumaban un total de 3 millóns de euros pero a edición do 2019 foi a última despois de tres convocatorias.

O Partido Popular de Pontevedra reclama a ENCE que recupere o seu Plan Social.

O Plan Social era un programa acordado coa Xunta de Galicia polo que a pasteira repartía axudas anuais por valor de 3 millóns de euros a diferentes entidades e asociacións de Pontevedra, Marín e Poio. Comezou en 2016 e tan só houbo tres convocatorias.

Domínguez apuntou tamén que a suspensión foi unilateral por parte de ENCE. Unha decisión que, asegurou, hoxe en día non ten xustificación.

O líder popular quixo matizar que estas críticas van dirixidas á empresa e que non afectan ao apoio da súa formación aos traballadores da factoría de Lourizán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí