Os sindicatos ameazan cunha folga indefinida no transporte

Pontevedra> Segundo día de folga no transporte nesta semana. Hoxe os delegados sindicais de UGT, CC.OO e a CIG presentáronse na delegación da Xunta de Pontevedra. Alí foron recibidos polo delegado de transportes que se comprometeu a trasladar as súas reivindicacións á conselleira. 4 día de folga no transporte e segundo nesta semana. Hoxe os delegados sindicais de CIG, UGT e Comisión Obreiras acompañados dunhas 40 persoas máis presentáronse na delegación da Xunta en Pontevedra. Alí, foron recibidos polo delegado de transportes da Xunta na cidade quen recolleu todas as súas reivindicacións. Dende as centrais sindicais solicitan, polo ben da cidadanía, unha reunión a tres. Din que é fundamental sentarse a negociar o Plan de Transportes A Xunta, os sindicatos e a patronal. De non ser así, os sindicatos advirten que a folga continuará de xeito indefinido e que a vindeira semana se mobilizarán ata chegar o edificio da Xunta en San Caetano. Dende os sindicatos din que non piden que se cambie todo o Plan de transportes, pero sí que consideran indispensable que se garanta o uso para o público e a calidade do traballador das empresas. As centrais sindicais defenden as melloras pero nunca a precariedade en ningún sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí