Ribeira, Rianxo e Porto do Son únense ó programa de vivendas baleiras

    RIBEIRA> Ribeira, Rianxo e Porto do Son son os primeiros concellos do Barbanza en adherirse ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia. A conselleira, Ethel Vázquez, asinou o convenio cos representantes dos tres municipios. Converter as vivendas desocupadas dos concellos en vivendas sociais para as familias máis necesitadas. É o obxectivo deste programa da Consellería de Infraestruturas e Vivienda ao que veñen de unirse os concellos de Ribeira, Porto do Son e Rianxo, cos que xa son 18 os municipios de toda Galicia que nel participan. O alcalde de Ribeira destacou a importancia de unirse para facer fronte aos problemas comúns, independentemente da cor de cada consistorio. A conselleira suliñou tamén que este programa é compatible con outras axudas sociais, e garantizou que as vivendas estarán aseguradas pola Xunta. Nos próximos meses estudaránse o numero de vivendas de cada concello que cumple cos requisitos de habitabilidade, e se realizará a identificación das familias máis necesitadas. UNnprograma que busca loitar contra os desafiuzamentos e rematar con esta eiva da sociedade actual.