O INEGA amplía as axudas para eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias

LOUSAME> A Xunta de Galicia promove a eficiencia enerxética nas instalacións agropecuarias a través dunha liña de axudas convocadas polo INEGA. A convocatoria estará aberta ata finais de ano e establece tamén subvencións para particulares.

O director xeral de planificación enerxética visitou as instalacións dunha explotación agropecuaria en Lousame que vén de beneficiarse da liña de axudas en materia de eficiencia enerxética que promove o INEGA.

Tras implantar un sistema de minieólica e placas fotovoltaicas, a propietaria da granxa adquiriu nesta convocatoria un novo tanque para arrefriar o leite que está a supoñer unha importante redución dos custos enerxéticos.

O director xeral lembrou que a convocatoria destas subvencións das que ademais das empresas tamén poden beneficiarse os particulares estará aberta ata finais de ano posto que veñen de solicitar unha ampliación de fondos que permitiu duplicar o orzamento inicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí