O retoque de Ferraz na lista por Pontevedra do PSdeG non gusta Comité Provincial

    > Ferraz cambia a lista aprobada polos órganos provinciais e pon a Xulio Torrado de número tres na lista por Pontevedra. Unha situación, que non foi ben acollida por todos os sectores socialistas provincia. Este venres, o Secretario Xeral do partido na provincia, Santos Héctor, recoñeceu que é a primeira vez que Ferraz cambia unha lista autonómica. 

    Este xoves Ferraz cambiou a lista aprobada nos órganos provinciais, e finalmente Vilagarcía terá a un candidatos nos postos de saída do PSOE pola provincia de Pontevedra. Unha decisión que segundo algúns sectores do partido van en contra da militancia, e responden a unha elección a dedo do candidato a Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga.

    Abel Losada mantense como cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, pero a partir de ahí, a lista cambia, e Patricia Vilán ou Xulio Torrado inclúense no segundo e no terceiro posto respectivamente.

    Uns cambios que tralas recentes declaracións do Secretario Xeral do PSOE na provincia, Santos Héctor, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, espertaron o malestar da executiva do PSdeG-PSOE en Pontevedra, que solicitaron nos últimos días que non se modificara o aprobado no seu días, ao entender que era a lista que elixira a militancia da provincia.  

    0{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/19/psoe_vilagarcia_torrado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/19/psoe_vilagarcia_torrado.mp4{/flowplayer}