‘Fresco y del Mar’ abandeira unha campaña anti-Black Friday

BARBANZA> Mentres esta tradición importada dos Estados Unidos, colle cada vez máis peso en Galicia, hai quen se opón á súa celebración. É o caso de ‘Fresco y del Mar’, empresa de venda de pesca artesanal que propón unha campaña anti-black Friday.

Ó longo de toda a xornada, a web de ‘Fresco y del Mar’ permaneceu pechada co lema ‘Hoxe non vendemos. Os nosos océanos non están de rebaixas’. Esta empresa galega, provedora dos comedores de Inditex, traballa unicamente con profesionais que practican o marisqueo e a pesca artesanal na Costa da Morte e na Ría de Muros-Noia.

O seu compromiso coa pesca sostible levouna a abandeirar esta campaña anti Black Friday na que reivindican prezos xustos durante todo o ano e unha xestión sostible do noso mar. Ademais do peche da web durante esta xornada, a empresa difundiu un manifesto audiovisual protagonizado por profesionais do mar e empregados da compañía.

Demandan deste xeito unha maior visibilización do traballo diario das confrarías que a través de artes de pesca pasivas evitan danos no fondo mariño sen abusar dos descartes e respectando as especies protexidas e períodos de veda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí