Quintana homenaxea en Cabo de Cruz ás xentes do mar

    monumentobateeiros_100_191107.jpgBOIRO > Anxo Quintana participou esta fin de semana nun acto de homenaxe ós bateeiros de Cabo de Cruz pola súa labor durante a catástrofe do Prestige.

    Tamén asistiron ó acto o alcalde de Boiro, Xosé Deira, e o senador nacionalista, Francisco Jorquera.

    O porto de Cabo de Cruz foi o escenario no que se rendeu homenaxe a tódalas xentes do mar que, hai agora cinco anos, loitaron coas súas propias mans para conte-la chegada da marea negra do Prestige ó interior da ría.

    O vicepresidente da Xunta quixo agradacer o traballo de todos aqueles que saíron a defende-lo país, posto que o mar constitúe a principal fonte produtiva e o eixo vertebrador da economía galega.

    Transferi-las competencias

    Anxo Quintana insistiu tamén en que a catástrofe do Prestige debe servir como lección para que a historia non se repita, dotando a Galicia dos medios necesarios para evitar un desastre ecolóxico similar. Para elo, necesariamente avoga pola transferencia das competencias en materia de Salvamento Marítimo, que permitirían unha maior autoxestión en posibles accidentes e vertidos.

    O portavoz nacional do BNG estivo acompañado neste acto polo alcalde de Boiro, Xosé Deira, quen agradeceu a presenza do líder dos nacionalistas neste acto de ‘obrigada xustiza’.

    Así mesmo, o rexedor local apostou por unha política máis próxima á realidade social, de xeito que se contribúa a facer un país onde vivir dignamente e con posibilidades de futuro para vindeiras xeracións.

    {flowplayer}barbanza/monumentobateeiros.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza