![]()
RIBEIRA> Unha representación dos hostaleiros de Ribeira mantivo un encontro co alcalde co fin de achegar posturas sobre a ordenanza das terrazas.
{flowplayer}barbanza/xuntanzaordenanzaterrazas.flv{/flowplayer}
Trala polémica xerada pola aprobación inicial da ordenanza reguladora das terrazas, concello e hostaleiros comezan a achegar posturas. Na primeira xuntanza, o alcalde amosou a súa disposición a atender as demandas dos profesionais xa que a norma está aberta a modificacións.
Neste sentido, os hostaleiros manterán novas reunións para acordar as suxestións que farán chegar ó executivo.
Desinformación
Con respecto á limitación dos horarios, un dos puntos que máis discrepancias está a suscitar, Manuel Ruíz aclarou que existe moita desinformación ó respecto xa que na actualidade a maioría das terrazas xa están recollidas antes desa hora.
Explicou ademais que existirán excepcións que permitirán a ampliación de horarios durante a celebración das festas e eventos especiais.
Outros puntos conflitivos son a prohibición de utilizar mobiliario con publicidade comercial ou as restricións de espazo para o paso dos peóns. Todas estas cuestión analizaranse en sucesivos encontros que terán como obxectivo buscar a mellor norma para o sector.
Redacción Barbanza









