Medio Ambiente destinará máis de douscentos mil euros para converter a Sálvora nun BIC

    RIBEIRA> A Consellería de Medio Ambiente destinará 230.000 euros á consolidación da aldea de Sálvora, para converter a illa nun Ben de Interese Cultural. Beatriz Mato visitou este espazo natural da ría de Arousa para coñecer de preto os traballo que alí se están a realizar. A illa de Sálvora estáse a consolidar como destino turístico da Arousa, onde se prevén superar as 10.000 visitas este ano. Durante a súa visita a conselleira de mediambiente aproveitou para anunciar que o departamento está a tramitar a declaración do illote como Ben de Interese Cultural. Mato quixo tamén agradecer o traballo que en Sálvora están a realizar os voluntarios. Ademais da consolidación da aldea de Sálvora, os traballos inclúen actuacións nas vivendas, retirada de residuos e a recompilación de útiles para nun futuro expoñelos ao público.