O circo tomará as rúas de Noia co Retruke 2014

    NOIA> esta fin de semana, Noia volverá converterse na capital galega do circo coa celebración dunha nova edición do Encontro Internacional Retruke. A programación dará comezo o venres ás oito da tarde coa actuación do circo Medina na Alameda. A partir de entón sucederanse os espectáculos, talleres, galas e pasarrúas para tódolos públicos. Entre os eventos máis destacados, cabe mencionar as actuacións de ‘Escenario Aberto’ o venres ás dez e media da noite ou a gran gala do sábado ás nove da noite; ámbalas dúas no pavillón polideportivo. Tamén as actuacións musicais na discoteca GYmar e os numerosos espectáculos para nenos. A asociación Circonove será un ano máis a encargada de organizar esta cuarta edición do Retruke.