Comisan 114 quilos de navalla e longueirón nos peiraos de O Freixo e Porto do Son

NOIA> Dous operativos conxuntos levados a cabo pola Servizo Marítimo da Garda Civil e Gardacostas de Galicia permitiu o comiso de 114 quilos de navalla e longueirón nos peiraos do Freixo e Porto do Son.

Nos dous casos intentaban efectuar as descargas do marisco sen pasalas anteriormente pola lonxa.

Ademais da incautación da mercadoría, procedeuse tamén á confección de sendas denuncias por supostas infraccións da Lei 11/2008 de Pesca de Galicia.

Todo o marisco comisado xa foi devolto ó mar, na propia ría de Muros-Noia, nunha zona próxima a onde fora extraído.