Falece unha muller ó precipitarse desde un cuarto piso

    suicidio100_121207.jpgSANXENXO > O número 1 da Rúa Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, viviu este mediodía momentos de dor producidos polo falecemento

    … dunha veciña chamada Socorro. Ao parecer, precipitouse dende a ventá do seu piso, un cuarto que dá a un patio de luces.

    Os feitos producíronse antes das dúas da tarde e a Garda Civil é a encargada de instruír o caso. Pouco despois de producirse o suceso, a Policía Local e a Garda Civil, desprazáronse ata o domicilio da falecida, ex muller dun Garda Civil. Polo de agora, as hipóteses apuntan a que tratouse dun suicidio. Socorro, de cincuenta e oito anos, estivo quince días desaparecida e regresou onte a súa casa. Padecía unha depresión que a mantiña con tratamento específico. Todo indica que durante os días que estivo en paradoiro descoñecido, non recibiu as súas doses de medicación, precisas para limitar os síntomas da depresión. A instrucción do caso, está en mans da Garda Civil, que xa este mediodía, estivo no lugar dos feitos, xunto ca Policía Local  

    Redacción Salnés