Uns 2.000 motoristas súmanse á I Ruta Deputación de Pontevedra

    louzan100_171108.jpgCATOIRA > A Deputación de Pontevedra xuntou onte a uns 2.000 motoristas nunha marcha que partiu desde Catoira ata Armenteira, en Meis. Esta primeira concentración …

    … de motos, os condutores volveron a esixirlle a Rafael Louzán a colocación de máis gardarraís seguros para os motoristas.

    Louzán indicou que neste ano, a Deputación vai investir un millón de euros na instalación de dobre vionda, como xa se fixo na estrada que une Carracedo, en Caldas, con Catoira. O presidente adiantoulles que a vindeira actuación farase na estrada de Barrantes a Armenteira, e tamén na comarca do Condado.

    Os motoristas, pola súa banda, cren que a situación mellorou pero advirten que inda queda moito por facer, sobre todo nas estradas nacionais, onde a penas hai un só metro de gardarraís con dobre vionda, a pesar de ser vías moi transitadas polos motoristas.

    Segundo a Plataforma para la Seguridad Vial, en 2007 morreron 20 motoristas en estradas da provincia de Pontevedra, 12 delas tras estrelarse contra quitamedos. En 2008, morreron 12 motoristas, 7 contra os polémicos gardarraís. As asociacións moteiras convocaron unha nova concentración a nivel nacional para o vindeiro 13 de decembro. En Pontevedra farase diante da Subdelegación do Goberno.

    Redacción Salnés