Novas pistas sitúan a Diana Quer na Pobra horas despois de enviar a última mensaxe

    POBRA> Diana Quer seguía viva, e na Pobra do Caramiñal, tempo despois de enviar a mensaxe de whatsapp na que alertaba de que un home a estaba chamando. Con esta noticia, desde o concello quixeron descartar a vinculación da desaparición da moza cos feirantes que tiñan os seus postos nas Festas do Carme dos Pincheiros. Con tódalas liñas de investigación aínda abertas, esta madrugada cumpriuse unha semana da desaparición de Diana. Sete días e sete noites nos que a familia da rapaza, de 18 anos, non deixou de asegurar que ausencia de Diana era forzada. Pero a día de hoxe, unha semana despois, continúase traballando con tódalas hipóteses posibles. Desde unha marcha forzada, mesmo con final tráxico, ata a desaparición voluntaria, algo que a familia continúa rexeitando. Este domingo quixeron desbotar unha vez máis esta idea, asegurando que o DNI da rapaza aparecera na casa, e que Diana non conta con tarxetas de crédito. O certo é que soubemos un dato que descarta unha das liñas de investigación. A que vincularía a desaparición de Diana coa mensaxe que enviou ás 2.40 da madrugada, na que informaba a unha amiga de que se estaba asustada xa que un home a estaba chamando Nesta liña, o alcalde tamén confirmou que os homes aos que outras rapazas denunciaran por sentirse increpadas por eles, xa foron interrogados sen resultado ningún para a vinculación co caso de Diana. Onde estaba y con quen, son preguntas ás que as autoridades non dan resposta, debido ao hermetismo co que se leva a cabo a investigación. O que sí hai son rumores e informacións sen confirmar arredor dos últimos días de Diana e a súa familia, antes da desaparición. Como a discusión que mantería a moza coa nai só uns días antes desa tráxica noite, ou o feito de que Diana pasara pola casa esa madrugada antes de perdérselle a pista. Para o pai de Diana, estes comentarios non fan mais que entorpecer a investigación, e non aportan luz sobre o que realmente lle puido pasar á súa filla. Despois de que sobrevoaran o Barbanza medios aéreos, continuaron as labores de rastrexo nos arredores do lugar da desaparición a cargo da Garda Civil e Protección Civil. Con máis efectivos ca noutros días, nesta xornada centrouse o traballo en pistas forestais ás que puidera acceder un vehículo. Prevese ademais que pronto se solicite colaboración cidadá para rastrexar o monte.