Os bateeiros de Cabo de Cruz xa poden solicitar os amarres nos novos pantaláns

BOIRO> Portos de Galicia pon a disposición dos usuarios que así o soliciten as novas prazas de pantaláns para mexilloeiros no peirao de Cabo de Cruz. Con este trámite, dáse practicamente por concluída unha actuación, que supuxo a creación de cen novos amarres para o sector bateeiro. A actuación contou cun investimento por parte da consellería do Mar duns cinco millóns de euros.

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuniuse esta mañá na propia dársena de Cabo de Cruz con representantes das distintas asociación de mexilloeiros que operan neste periao para informarlles do remate das obras de construción dos novos pantaláns. A partir de hoxe os usuarios que o desexen xa poden solicitar unha das cen novas prazas de amarre coas que conta este porto.

A consellería do Mar, promotora das obras, investiu nesta actuación uns cinco millóns de euros.  Dende o 2009 no porto crucense realizáronse actuacións que supuxeron un investimento superior ós 19 millóns de euros. Pero o carácter inversor de Portos nesta zona norte da Ría non quedou só niso. Así a presidenta de Portos aludiu tamén ó gran número de actuacións que o ente autonómico está a executar ou ten pendente de licitación noutros peiraos da zona que no seu conxunto superan os trece millóns de euros de investimento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí