O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso contra a anulación do PXOM de Boiro

    recursopxom_100_280208.jpgBOIRO > O Tribunal Supremo vén de admitir a trámite o recurso de casación contra a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

    {flowplayer}barbanza/recursopxom.flv{/flowplayer}

    É a derradeira opción coa que conta o concello de Boiro para que a xusticia non anule definitivamente o plan xeral urbanístico. A admisión a trámite deste recurso de casación dá esperanza ao executivo de que a situación se resolva a seu favor. Segundo afirmou o alcalde Xosé Deira, hoxe e un bo día para os intereses de Boiro.

    Á espera de conseguir que a sentencia non se faga firme, algo que pode tardar de dous a tres anos, o bipartito boirés seguirá traballando para evitar a anulación do PXOM. Así pois, Ares anunciou que xa solicitaron o informe que falta a Patrimonio e en vindeiras semanas manterán unha xuntanza co director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje.

    Revisión do Plan

    Ademáis, hai algúns meses que unha empresa privada iniciou a revisión do plan urbanístico de Boiro para correxir deficiencias e adaptalo a lexislación actual.

    O recurso de casación que presentou o concello de Boiro fundamentouse nun informe do secretario municipal no que advertía á Xunta de Galicia que o PXOM carecía do informe de patrimonio. A pesares deste aviso o goberno autonómico nunca chegou a emitir o documento e o proceso administrativo seguiu adiante. 

    Críticas a Velo

    O concelleiro de Urbanismo, Xoán León asegurou que con esta decisión do Tribunal Supremo, Manuel Velo “levou nas narices”.

    Pola súa banda, Manuel Velo sinalou que a admisión deste recurso no garante que o Pxom non se chegue a anular nun futuro e conmina ao executivo a que convoque un pleno extraordinario para tratar o asunto de anulación do PXOM.

    Redacción Barbanza