O parque de maquinaria convoca unha folga para o 16 de setembro

PONTEVEDRA> O conflito dos traballadores do parque de maquinaria coa Deputación de Pontevedra, continua sen resolverse. Este luns os responsables sindicais de Comisións Obreiras, recoñeceron estar en disposición de chegar a un acordo coa administración provincial, pero tamén admitiron que non deixaran morrer o tema, polo que convocan para o 16 de setembro unha folga. 

 

“O conflito está tremendamente vivo”, así se refería o voceiro de Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra, o enfrontamento que manteñen os traballadores do parque de maquinaria coa administración provincial. 

Os traballadores e os seus responsables sindicais móstranse receptivos a atopar unha solución, que dunha vez por todas calme o conflito. 

Aínda que afirman que o que non van é a esquecer a súa reclamación. 

Uns 25.000 carteis informativos sobre a situación actual do parque foron repartidos nas festas máis representativas da provincia e nas súas vilas durante este verán. Por iso, admiten que mentres non haxa diálogo, seguirán convocando un día de folga o 16 de setembro, e o mesmo tempo celebraranse actos sorpresa en Vigo e Pontevedra, dos que non van a revelar máis datos, segundo eles, para non restarlles operatividade.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/05/ccoo_parque_maquinaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/05/ccoo_parque_maquinaria.mp4{/flowplayer}

As escolas infantís prepáranse para recibir os seus alumnos