“Rompe tu silencio”, a campaña da Garda Civil contra a violencia de xénero

PONTEVEDRA> “Rompe tu silencio”.  Ese é o título do novo vídeo creado pola Garda Civil para tratar de sensibilizar á xuventude na loita contra a violencia de xénero. Un traballo audiovisual enmarcado no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade e que será difundido tanto nos centros educativos como nas redes sociais.

Así conclúe “Rompe tu silencio”. Un vídeo elaborado pola Garda Civil e enmarcado na campaña contra a violencia de xénero. Este traballo, que forma parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade, ten como obxectivo principal sensibilizar á xuventude na loita contra a violencia machista, ao mesmo tempo que se da visibilidade ao traballo que fan os axentes deste corpo.

A educación é a base na loita contra a violencia de xénero. Por iso, a Garda Civil ten xa programadas, para o primeiro trimestre de 2020, 150 novas charlas que se impartirán en diferentes centros escolares. Porque este é, sen dúbida, un problema que afecta a toda a sociedade.

Este vídeo non sería posible sen o traballo de dúas mulleres. A directora Pilar Reñones e a guionista Milagros Domínguez. Ambas as dúas recibiron un distintivo polo seu gran traballo.