A Policía Científica traballa arreo nas probas recollidas nestes días

Pontevedra> Continúa a investigación trala reapertura do caso da desaparición de Sonia Iglesias. As brigadas da Policía Xudicial e Científica da Policía Nacional están traballando nas probas recabadas nestes últimos días. Unhas probas que deberán de entregar canto antes no xulgado número 3 de Pontevedra co fin de avance a investigación.

A Policía Científica está traballando na análise do material recollido durante as xornadas do martes e o mércores nos rexistros xudiciais realizados. De  momento sabemos que os rexistros autorizados, a vivenda familiar en San Mauro e o coche da parella de David Araújo no momento da desaparición de Sonia, xa están rematados. Agora queda por diante analizar o xa recollido.

Sobre a mesa temos a reapertura xudicial do caso de Sonia Iglesias, e a investigación policial por homicidio de Julio Araújo o ao seu irmá, David, sobre este último sabemos qué cargos se lle imputan.

O material recollido en ambos rexistros está sendo analizado nas dependencias da Policía Nacional da capital de provincia e no laboratorio móbil da Policía Científica desprazado ata Pontevedra durante estes días.  Algunhas probas si se enviarán a Madrid, pero só aquelas en que as que sexa necesario realizar análises especializadas como os de ADN.

A Policía traballará duro nesta análise xa que os resultados destes estudos serán claves para presentar ante a xuíza instrutora e que tome decisión sobre como seguir o procedemento. Unha causa que xa se reabriu meses atrás, a mediados do 2017, onde xa se realizaron varias dilixencias que non transcenderan. Ningunha destas vías de traballo deu resultado, agora os resposables policiais deste caso confían en non atascarse e ter importantes avances tras estes rexistros.

Nestes intres a investigación policial está centrada na vivenda familiar de Julio Araújo e no cemiterio de San Mauro. Por certo, o investigado policialmente por homicidio está ingresado dende o martes por un problema respiratorio.

Nos vindeiros días agardamos poder dar máis luz a esta reapertura deste caso, pese as probas presentadas se a xuíza considera que non hai probas contundentes o caso volverá a arquivarse como ocorrera en abril do 2015.