![]()
Pontevedra> E co remate da feira franca toca facer balance dun dos eventos máis agardados do ano. A concelleira de festas dixo esta mañá que a décimos sétima edición trouxo consigo un record de particiación en Pontevedra. Carme da Silva cre que é necesario facer un estudo económico local para comprobar a repercusión que ten tanto esta festa como o resto dos eventos da cidade do Lérez acolle durante os meses da época estival.
Unha décimos sétima edición de record de participación foi a que nos deixou a Feira Franca neste 2016. Unha actividade na que participaron milleiros e milleiros de persoas e ainda que non queren dar unha cifra exacta dende o concello sí que podemos dicir que houbo más de 100 mil asintentes.
A concelleira de festas quixo agradecer a colaboración da cidadanía e de todos os que visitan pontevedra ao longo desa xornada.
En relación a esta e as outras festas deste verán dende o concello están máis que satisfeitos coa acollida de todos estes eventos na cidade do Lérez. A concelleira dixo esta mañá que sería interesante e necesario facer un estudo economómico local para coñecer a repercusión e impacto que teñen todas estas citas festivas na cidade.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/05/balance_feira_franca_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/05/balance_feira_franca.mp4{/flowplayer}











