Presentan unha ILP para recuperar o bosque autóctono galego

Pontevedra> Esta mañá foi presentada unha proposición de Lei por iniciativa lexislativa popular co fin de recuperar o bosque autóctono en Galicia. Un grupo de colectivos impulsores desta iniciativa veñen de anunciar a necesidade de recoller, ata finais de marzo, 10 mil sinaturas para poder presentar no Parlamento esta lei co fin de salvar o bosque galego do lume e dos eucaliptos.

A CIG, Fruga, a Organización galega de montes en man común, ADEGA, Irmandade Illa de Tambo, Asociación Monte Pituco, Umia Viva, as federacións de asociacións veciñais Castelaso e Teucro, APDR e Vaipolorío veñen de presentar unha proposición de leu por iniciativa lexislativa popular para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a raciinalizacións da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais.

A campaña de recollida de sinaturas ser prorrogará ata o vindeiro 24 de marzo. Dende a federación de veciños Castelao quixeron lembrar esta mañá que un monte 100 por 100 galego salva vidas .

Para esta campaña se instalarán mesas informativas en zonas concorridas da cidade para que a veciñanza que estea de acordo coa proposta poida secundala coa súa sinatura. Ademais tamén se darán charlas e se promoverán mocións dos concellos e nas deputacións de toda Galicia.