BARBANZA> O presidente da patronal comarcal responde así as críticas vertidas contra el polo presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Antonio Miranda. Recentemente reelixido por catro anos máis coma presidente da Federación de Empresarios do Barbanza, Xosé Ramón Romero, respondeu ás acusacións vertidas contra a súa xestión por parte do seu homólogo da Asociación de Empresarios de Ribeira, Antonio Miranda, nas que poñía en dúbida o modelo de organización e planificación da patronal comarcal. Romero considera que en lugar de realizar críticas sen fundamento, debería ter presentado unha candidatura se non está conforme coa actual xunta directiva. O presidente da FEB facía estas declaracións no transcurso dunha comparecencia para explicar os obxectivos a conseguir nestes catro anos de mandato que ten por diante. A aposta por un maior autofinanciamento, a través de varias vías, sería a clave para garantir a sostibilidade da federación e convertela nun auténtico lobby que defenda os intereses do empresariado. Ó longo deste mandato, a nova xunta directiva busca tamén ampliar os servizos ós asociados, potenciar a transparencia e información e apoiar a cooperación coas organizacións sociais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia