PONTEVEDRA> Os deputados provinciais do Partido Popular, Ángel Moldes e Luís Aragunde, convocaron este xoves aos medios, para presentar unha moción que levaremos o vindeiro venres a pleno, no que solicitarán que se destinen 20 millóns de euros máis ao Plan Concellos, para igualar a cantidade, a que se outorgaba co anterior goberno da Deputación de Pontevedra.
Os deputados provincias Ángel Moldes e Luis Aragunde compareceron este xoves ante os medios de comunicación para explicar a moción que o Partido Popular presentará no pleno do vindeiro venres, no que solicitan un aumento de 20 millóns de euros para o Plan Concellos.
Os deputados durante a súa exposición, argumentaron como poder facer fronte a esta petición.
Moldes recalcou a necesidade de que o ente provincial teña en conta aos alcaldes, polo que tamén solicitarán outra moción para que se leve a cabo a creación da Mesa de Alcaldes.
Os representantes populares na Deputación de Pontevedra recalcan que esta proposta é unha maneira de poñer solución, segundo eles din, ao erro que tiveron nestes orzamentos destinando unicamente 40 millóns de euros a provincia de Pontevedra.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/15/mocions_pp_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/15/mocions_pp_depo.mp4{/flowplayer}