O Mundial Junior de Balonmán, que acollerá Pontevedra no 2019, declarado de interese xeral

153

Pontevedra> O Pazo da Cultura acolleu nesta xornada unha reunión entre o concello de Pontevedra, o de Vigo, a Deputación Provincial e a Federación Española de Balonmán sobre o mundial que acollerá a Boa Vila no 2019. Un evento que foi declarado de interese xeral, unha declaración importante para o alcalde de cara a posibilidade de patrocinios empresariais privados.

O Pazo da Cultura foi o escenario dunha reunión mantida entre o concello de Pontevedra, Vigo, Deputación e Federación Española de Balonmán, sobre o Mundial Junior que acollerá no 2019 Pontevedra. Unha cita que foi declarada de interese xeral, unha boa nova para a organización e as cidades nas que disputará este evento, a do Lérez e a olívica.

Dende a Deputación tamén se amosaron satisfeitos coa celebración e acordos chegados entre as 3 administración. A Presidenta dixo esta mañá que é un auténtico luxo contar cunha cita destas características na provincia.

Un evento que reunirá a 24 seleccións e que dará unha gran proxección internacional a toda a provincia e as cidades de Pontevedra e de Vigo.

Dende a Federación Española aínda non desvelaron onde se xogará a final deste mundial, o que está claro é que será ou en Vigo ou en Pontevedra.

O 14 de xullo consitiurase o comité executivo que coordinará o traballo técnico e organizativo do evento, que reunirá a 24 seleccións de todo o mundo e se desenvolverá entre Vigo e Pontevedra do 23 de xullo ao 4 de agosto.