O Concello quere instalar o transporte a demanda e unha “tarifa plana” aos aeroportos

PONTEVEDRA> O concelleiro de Transporte anunciou esta mañá o inicio do proceso de redacción da nova ordenanza do taxi. Nela introducirase o transporte a demanda e unha tarifa plana aos aeroportos. Este servizo nace para dar unha solución aos veciños da periferia e das parroquias.

O Concello de Pontevedra está a piques de iniciar o proceso de redacción da nova ordenanza do taxi. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Transporte, Demetrio Gómez. Este regulamento nace con 3 obxectivos: ter unha ordenanza acorde á normativa actual, introducir nela o taxi a demanda e conseguir unha intermodalidade que permita, por exemplo, ter unha tarifa plana aos aeroportos.

Segundo o concelleiro de Transporte, os últimos cambios realizados no regulamento do taxi, axudan a iniciar este novo proceso.

A redacción desta nova ordenanza comezará o vindeiro martes, xusto despois de pechar o proceso de participación cidadá. Nesta fase soamente foron dúas as suxestións presentadas, unha en relación coa eliminación do taxímetro e outra coa accesibilidade universal.

O transporte a demanda é unha das prioridades do novo goberno municipal e está pensando, fundamentalmente, para cubrir as necesidades da poboación da periferia da cidade e das parroquias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí