![]()
CAMBADOS> O colexio de Vilariño, en Cambados, xa conta con comedor para dar servizo a demanda dos pais, e evitar así o descenso no número de matriculacións, que o centro experimentou nos últimos tempos.
En Vilariño xa está todo apunto para que os seus escolares estreen as novas instalacións do comedor do colexio, que se acondicionou para intentar evitar o descenso de matriculacións, que aumentou nos últimos anos. Un pequeno acondicionamento do que se encargou o concello de Cambados.
Un vertedoiro novo, mesados, falso teito… todo o necesario para poder servir os menús con todas as comodidades.
O montante global desta pequena reforma ascende a uns 5.500 euros.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/15/inauguracion_comedor_vilari_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/15/inauguracion_comedor_vilari.mp4{/flowplayer}








