Cincocentos quilos de ameixas serán as protagonistas da XXIX Festa da Ameixa de Campelo

A XXIX Edición da Festa da Ameixa de Campelo celebrarase esta fin de semana, coa preparación duns cincocentos quilos de este marisco, que poderá degustarse a prezos populares, cociñado de tres maneiras diferentes. 

 

A vixésimo novena edición da Festa da Ameixa de Campelo, en Poio celebrarase esta fin de semana coa preparación de cincocentos quilos este marisco de tres xeitos diferentes. 

Unha festa turística que pretende promover tanto o concello como un dos produtos máis importantes da ría de Pontevedra. Ademais nesta celebración recoñecerase a labor de 18 mariscadoras que se xubilan. 

A carpa estará situada na Praza da Granxa, e os prezos da ameixa babosa da Ría de Pontevedra, será de 8 euros cociñadas a mariñeira, e a cociñada con fabas ou fideos será de 6 euros a ración. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/14/ptac_festa_ameixa_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/14/ptac_festa_ameixa_poio.mp4{/flowplayer}