Medio Ambiente traballa na recuperación do Parque Natural de Corrubedo tralos incendios

    Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

    RIBEIRA> A consellería de Medio Ambiente levará a cabo un minucioso programa de preservación e conservación  do Parque Natural de Corrubedo para paliar os efectos dos lumes do pasado agosto.

     

    É a primeira vez que Medio Ambiente participa nas labores de recuperación do solo, complementando a labor de Medio Rural. 45 hectáreas do espazo protexido de Corrubedo foron arrasadas polo incendio do pasado 7 de agosto.  Isto supón un 4,5 por cento do Parque Natural, que hoxe visitou a conselleira de Medio Ambiente en funcións, Beatriz Mato, para presentar o programa de recuperación deste espazo. Acompañada da primeira tenente de alcalde de Riveira, Fabiola García,  da Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, e do presidente da Xunta Consultiva do Parque, Xosé Luis Torres Colomer, presentou os 3 aspectos fundamentais nos que se baseará este programa. Esta última fase está xa en realización, e as outras dúas comezarán de inmediato. Mato avanzou que de xeito simultáneo realizaránse unha serie de programas de control para minimizar os efectos dos lumes. Mato lembrou que desde o ano 2009, a xunta leva un investimento de 2,5 millóns de euros no Parque Natural de Corrubedo.