O incendio na cheminea dunha vivenda alerta ós veciños da Angustia

    POBRA > O incendio na cheminea dunha vivenda causou unha gran preocupación entre os veciños do núcleo da Angustia.

    A pesar de que o lume non afectou ó interior da vivenda nin provocou danos maiores, a intensa fumareda alertou a moitos residentes que se achegaron ata o lugar do suceso. A rápida intervención dos bombeiros propiciou que o incidente quedar nun susto.

    incenciocheminea_200_010307.jpgForon os propios veciños os que deron a voz de alarma ó avistar á intensa fumareda que se concentraba ó redor da vivienda afectada. No interior, atopábase a propietaria da casa que non se percatou do suceso ata que recibiu o aviso dos veciños. Ó comprobar que, efectivamente, a cheminea estaba incendiada e incluso algunha das estancias da casa estaba a ser afectada polo fume, deron aviso ó servizo de emerxencias.

    A rápida actuación dos bombeiros, que se personaron inmediatamente na vivenda, permitiu sufoca-lo lume que se producira na cheminea, presumiblemente ó prender o cisco acumulado no interior.

    incendiocheminea2_200_010307.jpgNun balance inicial dos danos, a propietaria da vivenda estimou que soamente resultara afectada a cheminea posto que as altas temperaturas acumuladas fixeron que reventaran as pedras. A pesar de que o fume penetrou na casa, especialmente no cuarto da caldeira, non se rexistraron danos importantes no interior da vivendas.

    Ademais dos bombeiros, que despregaron un importante dispositivo de emerxencia con catro camións, ata o lugar desprazáronse varios axentes da Garda Civil e da Policía Local da Pobra.

    Redacción Barbanza