O BNG de Ribeira esíxelle ó executivo que remate dunha vez as obras do Centro Social de Carreira

RIBEIRA> Non é a primeira vez que o BNG se interesa por esta actuación paralizada por diversos motivos dende hai máis de dez anos.

Segundo os nacionalistas, o paso do tempo aumenta o deterioro dunha construción inacabada na que se investiron unha gran cantidade de fondos públicos e que a día de hoxe aínda non cumpre o cometido para o que foi deseñada que non era outro que dinamizar a vida social da parroquia.

Para o BNG esta actuación é un claro exemplo de falla de xestión e a inacción dun goberno, máis preocupado nas grandes obras e no centro urbano, que en atender as necesidades reais dos veciños e das parroquias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí