Barro e Meis, entre os trece concellos que deixan en mans da Deputación o control dos seus residuos

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra encargarase da xestión do Servizo de Inspección Provincial de Residuos en trece concellos. Entre eles, os de Barro e Meis. Esta mañá asinaron os convenios polos que se pon en marcha este novo corpo, co que se busca dar unha resposta coordinada ante a nova lexislación.

Once concellos pontevedreses, entre eles os de Barro e Meis, e a mancomunidade do Morrazo, que engloba a Bueu, Moaña e Cangas, deixan en mans da Deputación de Pontevedra o control dos seus residuos.

Esta mañá asinaron os convenios que supoñen o nacemento do Servizo de Inspección Provincial de Residuos. Estará composto por once inspectores, cos que se dá resposta á nova lexislación que obriga aos concellos a ter un servizo municipal de control.

Segundo a norma, só funcionarios de carreira ou axentes de Policía Local poden asumir estas tarefas de controls dos residuos. Requisito que dificultaba a moitos concellos cumprir coa norma.

En base aos acordos bilaterais asinados, a Deputación achegará máis do 50% do custo do servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí