A Comisión Europea di que ENCE incumpre a normativa nas verteduras

Pontevedra> Dende a Asociación Pola Defensa da Ría ofreceron esta mañá unha roda de prensa xunto coa eurodeputada Ana Miranda. Neste encontro anunciaron que a Comisión Europea afirma que a Xunta e ao Goberno Central están a aplicar unha directiva equivocada a ENCE coas verteduras. Unha directiva que é máis permisiva do que realmente lle corresponde. 

 

Dende a Asociación pola Defensa da Ría continúan loitando para que ENCE cambie a súa ubicación. Nesta xornada acompañados pola eurodiputada Ana Miranda deron a coñecer un informe do comisario de Medio Ambiente da Unión Europea mediante o cal afirma que a Xunta de Galicia e o Goberno Central están aplicando ás verteduras de ENCE unha directiva equivocada e máis permisiva do que corresponde. Actualmente estas verteduras son controladas por unha autorización medioambiental integrada que é, segundo anunciaron esta mañá, 2 ou 3 veces máis permisiva que a normativa pola que debería rexerse. 

Segundo Ana Miranda trátase dun varapau ao Estado que abre as portas ás vías xudiciais. A Asociación de Denfensa pola Ría xa anunciou que acudirá aos tribunais correspondentes por este incumprimento. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/ence_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/ence.mp4{/flowplayer}