Concello de Boiro e Arcebispado asinan un convenio de colaboración

    BOIRO> O concello de Boiro e o arcebispado de Santiago de Compostela, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de varias actuacións que permitirán ao consistorio completar e ampliar os espazos públicos no entorno da Igrexa parroquial de Cures.

    Con esta nova fase do convenio, xa son case 2.500 metros cadrados os que o arcebispado de Compostela cede ao concello boirense para a mellora de servizos e humanización dos arredores da Igrexa de San Andrés de Cures. Estas novas obras, as cales se prevé que comecen este próximo ano, veñen a unirse ás realizadas xa nesta zona en 2014 e 2015. Cando logo doutra cesión do arcebispado, puido construírse unha praza pública e unha zona de aparcamento. Para o párroco de Cures, esta nova actuación suporá unha importante solución para unha demanda dos veciños do lugar que vén de moi lonxe. Desde a corporación agradeceron a axuda que están recibindo nos últimos anos por parte do arcebispado, pero tamén, por parte de Deputación, organismo sen o cal tampouco se poderían levar a cabo estas melloras.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí