Balbino González repite como candidato do BNG á alcaldía de Porto do Son

PORTO DO SON> A deputada no Parlamento, Rosana Pérez, foi a encargada de presentar a Balbino González que o vindeiro ano repetirá como candidato á alcaldía sonense polo BNG. Pérez destacou a súa capacidade de traballo e implicación nas demandas veciñais.

Pola súa banda, o candidato animou a tódolos militantes alí presentes a crer na capacidade do seu proxecto como alternativa real ás políticas do PP.

Antes da presentación, os asistentes participaron nunha andaina pola patria convocada polo BNG de Muros Noia dende o miradoiro de Fonforrón ata o castro de Baroña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí