Os usuarios de AMBAR recrean series de televisión no seu calendario solidario

A POBRA> O Calendario Solidario de AMBAR converteuse xa nun clásico nas datas previas ó Nadal. Case tódolos usuarios participaron na elaboración almanaque que, ó igual que na pasada edición, recrea portadas de series de televisión.

Con máxima expectación viviuse un ano máis no Cine Elma da Pobra a presentación do calendario solidario de AMBAR. Tras unha longa traxectoria dedicada ó cine español, o ano pasado deron o salto á televisión recreando portadas de series. Tal foi o éxito que nesta edición decidiron darlle continuidade.

Como auténticos profesionais, os usuarios de AMBAR puxéronse ás ordes de Pichero quen destacou a gran implicación dos auténticos protagonistas deste calendario.

Ademais da recadación de fondos a través da venda dos calendarios, dende AMBAR destacan a importancia deste proxecto que viven con moitísima ilusión e permite ademais, achegar un anaquiño de AMBAR ós fogares e empresas que cada ano mercan o calendario.

Os interesados en adquirir o calendario, dispoñible tanto en formato de parede como de sobremesa, poden contactar xa con AMBAR para facer a súa reserva. Aconsellámoslle que o fagan de contado porque sempre se esgotan en moi pouco tempo.