Sinatura entre concello de Pontevedra e deputación para a exeución de dous campos de herba

SINATURA CAMPO FÚTBOL> Concello e deputación de Pontevedra asinaron esta mañá un convenio para a execución de dous campos de fútbol de herba sintética un en Santa María de Xebe e outro en Cerponzóns. Unha mañá na que tamén se anunciou que o vindeiro convenio entre esta dúas entidades será para a execución dun pabillón alternativo ao municipal no 2017.

 

O alcalde de Pontevedra e a presidenta da Deputación asinaron esta mañá o convenio para a execución de dous campos de herba sintética, un en Cerponzóns e outro en Santa María de Xebe. Uns campos que terán un custe de 2 millóns de euros, un millón cada un, dos cales un millón seis centos mil aportaos a Deputación e os 400 mil euros restantes o concello de Pontevedra. 

Lores amosouse esta mañá contento coa sinatura deste convenio e xa anunciou en qué consistirá a vindeira sinatura coa deputación de Pontevedra. 

Dende a deputación a presidenta díxolle esta mañá ao alcalde que nos vindeiros anos poderá seguir contando coa súa complicidade e colaboración. 

E o vicepresidente da Deputación e concelleiro tamén na cidade do Lérez quixo lembrar que dende o Pazo Provincial tense un trato equilibrado entre os concellos grandes e pequenos. 

Este bo entendemento que hai entre as dúas adiministracións, permitirá ademais, segundo dixo esta mañá Mosquera, que se traballe tamén para asumir de forma conxunta o novo acceso a Monte Porreiro por Tafisa, ou a nova estada que rodeará o hospital de Montecelo para permitir a súa ampliación. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/sinatura_campo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/sinatura_campo.mp4{/flowplayer}