Outubro cultural na Pobra en homenaxe a Valle-Inclán

    POBRA> Monólogos, teatro, poesía ou conferencias arredor da figura de Ramón María del Valle- Inclán completan o programa das Xornadas de Homenaxe que A Pobra lle dedica ao ilustre dramaturgo, e que este ano celebran a súa edición número dezaoito.

     

    Durante este mes de outubro a Pobra convértese no referente cultural do esperpento. Ao longo de cada fin de semana do mes irán pasando polo municipio grandes nomes da escea, a literatura, a arte e o humor deste país, cun único obxectivo, homenaxear e seguir descubrindo a este xenio tan noso da literatura universal. O director da Casa Museo de Valle-Inclán da Pobra, destacou  a gran variedade de actividades culturais que se celebrarán nos vindeiros días. O alcalde destacou o tecido cultural e asociativo do concello, ademais de contar coa colaboración para este programa de asociacións e agrupacións doutros concellos da zona.Tódalas actuacións da fin de semana terán lugar ás oito da tarde, no Auditorio da Casa Museo Valle-Inclán da Pobra, excepto o espectáculo de monicreques que se celebrará no Cine Elma.