O comiso de dúas novas lanchas aviva o conflito dos mariscadores de Cabo de Cruz con Gardacostas

RIBEIRA> Os mariscadores a flote de Cabo de Cruz trasladaron as súas protestas ó porto de Ribeira. Alí concentráronse ante a base do Servizo de Gardacostas para denunciar o comiso de dúas novas embarcacións.

En tan só 15 días, xa son 5 as lanchas comisadas a mariscadores a flote de Cabo de Cruz. Hoxe mesmo, o servizo de Gardacostas procedía a incautarse de dúas embarcacións pola acumulación de multas. Multas que os traballadores cualifican de arbitrarias, sen rigor e que nin tan sequera lle foron notificadas.

Acusan á Consellería do Mar de favorecer ó colectivo de a pé sen ter en conta o acordo asinado en 2006 que delimita as zonas de traballo de cada un dos sectores.

Na protesta desenvolvida esta mañá vivíronse momentos de gran tensión, especialmente cando os efectivos de gardacostas procederon ó traslado das embarcacións comisadas. Din os mariscadoras que non serán as únicas posto que xa pesa unha orde de incautación sobre máis dunha vintena de barcos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí