BOIRO> O Pazo de Goiáns, en Boiro, acollerá este domingo a terceira edición do Recital Poético María Mariño. Desenvolverase en días sesións nas que participarán unha trintena de poetas.
Da estreita vinculación que unía a María Mariño co Pazo de Goiáns naceu hai tres anos este recital poético que nesta terceira edición congregará a máis de 30 poetas de toda Galicia.
Terá lugar en dúas sesións, en quendas de mañá e tarde. A actividade, que busca achegar a poesía ó gran público, é de balde e está aberta a toda a cidadanía.










