O albergue de peregrinos da Chaínza entrará en servizo este verán

NOIA> A Conselleira do medio Rural desprazouse esta mañá ata Noia para coñecer as novas instalacións do albergue da Chaínza. A reforma do inmoble contou cunha achega de 200  mil euros xestionada a través do Grupo de Desenvolvemento rural DELOA con fondos LEADER.

A rehabilitación da antiga fábrica de curtidos da Chaínza comeza a tomar forma. Concluíu xa a reforma da primeira das edificacións que acolle un albergue de peregrinos que poderá estar operativo este verán.

A rehabilitación do inmoble supuxo un investimento de máis de catrocentos mil euros dos que 200 mil euros foron achegados por Medio Rural ó abeiro dos Fondos Leader.

A intención do concello é seguir avanzando na rehabilitación de todo o complexo industrial que acollerá tamén un centro de día. O alcalde xa adiantou que concorrerán á nova convocatoria desta liña de subvencións, dotada con 12’6 millóns de euros, para financiar parte do proxecto.