Pontevedra, capital do tenis junior

Pontevedra> O casino mercantil de Pontevedra acollerá do 9 ao 16 de outubro o quinto torneo internacional Junior de Tenis. Unha cita que contará con 509 inscritos de 50 países diferentes e que achegará a cidade do Lérez os mellores tenistas a nivel mundial destas categorías. 

 

Do 9 ao 16 de outubro o casino Mercantil de Pontevedra acollerá a quinta edición do torneo internacioal  Junior de Tenis. Segundo a organización trátase dun dos torneos máis importantes a nivel mundial que sitúa á cidade do Lérez no grao 2 de competición a un paso de poder chegar ao nivel un do tenis a nivel internacional. 

Un torneo que contará con 509 inscritos de 50 países, todos os continentes terán representación nesta cita co deporte que contará con 10 xogadores que se atopan no ránking entre 100 mellores a nivel mundial. 

Un evento deportiva que tamén deixará a súa pegada na cidade do Lérez. 

Dende a organización convidan a toda a cidadanía a desfrutar desta quinta edición do torneo internacional de tenis. A fase final disputarase de martes a domingo, se todo segue segundo o presente a final de dobres será o sábado pola tarde e a final de individuais o domingo pola tarde. 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/torneo_tenis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/torneo_tenis.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí