SEA e o concello de Rianxo apostan por darlle o pulo definitivo ó parque empresarial de Té

RIANXO> A xerente de ‘Suelo Empresarial del Atlántico’, Beatriz Sestayo desprazouse ata Rianxo para reunirse con representantes do concello e da asociación de empresarios. O obxectivo desta xuntanza era recoller as demandas e necesidades do empresariado da vila para favorecer a implantación de máis firmas no polígono de Té.

Na actualidade, está ocupada máis da metade da superficie empresarial aínda que dende o concello agardan darlle o pulo definitivo para completar a venda das parcelas e mesmo plantexar unha ampliación.

O parque empresarial de Té conta con tódolos servizos de depuración, alumeado e dotación de banda larga e está emprazado nun lugar estratéxico con acceso moi próximo á autovía do Barbanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí